ESTUDIO DE DESEÑO
ESPAZO COMPARTIDO
m. Campamento provisional.
“Chegou ao vivac despois de explorar”m. Acampada ao aire libre.
“Estou facendo vivac.”
VIVAC É UN ESPAZO COMPARTIDO
En Vivac convivimos persoas con diferentes traballos, case todos de relacionados coa creatividade. Dedicamonos ao deseño gráfico, deseño web, deseño de usabilidade, ilustración, debuxo de BD, animación 2D e motion graphics, e tamén ao sector inmobilirio.
O noso espazo ten 8 postos de traballo cun prezo de 65€ ao mes.
ESTAMOS EN
Av. dos Mallos 56, entreplanta. 15007 — A Coruña
—
No barrio dos Mallos
VIVAC É UN ESTUDIO DE DESEÑO
Vivac é o estudio de Bernal Prieto, deseñador gráfico e ilustrador.
Podes contactar con el para pedirlle orzamento ou ofrecerlle calquera traballo ou colaboración.
Vivac Estudio somos
-

Bernal Prieto
Ilustración, deseño e animación 2D
-

Bea Macía
Deseño UX e UI
-

Uxío Broullón
Deseño, ilustración e web
-

Luis Cao
Xestor inmobiliario
Servizo de sede
-
Funcionamos como sede social de distintas entidades
Vivac ofrece a posibilidade de ser a sede social da túa organización; isto significa que terás as seguintes vantaxes:
- Espazo de almacenaxe
- Xestión de materiais
- Posibilidade de organizar reunións no local
- Xestión do teu correo postalConsulta as condicións segundo as túas necesidades de espazo
-

AGPI
Somos sede da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
-

A.C. Autobán
Funcionamos como sede social da Asociación Cultural Autobán.

